Programas La Salle - Crea

Programa de Estimulación da Intelixencia Creativa ou Pensamento Lateral

O desenvolvemento da creatividade é unha demanda e unha necesidade da sociedade na que vivimos. Pero ademais é unha capacidade esencialmente humana que nos enriquece e completa. A nosa oferta educativa inclúe dun xeito explícito o desenvolvemento desta dimensión na que temos xa un importante percorrido.

Trátase de dotar o noso alumnado das estratexias e ferramentas que poden preservar e facer crecer a capacidade creativa coa que todos nacemos. O noso obxectivo é poñer dita capacidade ao servizo da mellora persoal e social, unha creatividade orientada á identificación e procura de solucións a aqueles problemas que non poden resolverse desde fórmulas e convencións, senón que requiren explorar outras alternativas.

Esta formulación está intimamente relacionado con actitudes e valores de orde afectivo-emocional (non poñer en xuízo as ideas doutro senón traballar a partir delas) tanto no seu aspecto interpersoal (seguridade, confianza ou participación) como intrapersoal (colaboración, valoración doutras achegas ou espírito de equipo). Desde as etapas iniciais (5 anos) propoñemos ao noso alumnado experiencias para activar os principios básicos do pensamento creativo eficaz.

Crea inclúe estratexias específicas para adestrar e desenvolver o pensamento lateral, entre elas o procedemento IDEAL, validado hai tempo en distintos contextos: Identificar e Definir axeitadamente un problema para Explorar alternativas de forma eficaz e poder levar á Acción aquela que se considere a mellor, testando os Logros conseguidos unha vez realizada.