
Como gozaron as nenas e nenos de primaria coas saídas culturais!
Se hai un momento que consideramos dos máis especiais de cada curso escolar e que todos e todas esperamos con ansia, é a chegada das saídas culturais.
Como cada ano, e xa a piques de rematar o curso, as nenas e nenos xunto co seu profesorado teñen a oportunidade de romper a rutina do seu día a día no colexio para gozar dunha experiencia totalmente distinta.
Os destinos son diversos pero cada un deles enriquecedor en múltiples aspectos. O noso alumnado ten a oportunidade de viaxar e coñecer sitios novos, así como de vivir experiencias inesquecibles en cada un deles. Ademais, as nenas e nenos e o profesorado poden desfrutar dun tempo de convivencia moi valioso.
O alumnado de primaria foi visitar os seguintes destinos:
1° de primaria: Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes
2° de primaria: Granxa Escola Serantellos en Cambados
3° de primaria: Casa do Patrón en Lalín
4° de primaria: Marcelle Natureza en Outeiro de Rei
5° de primaria: Galipark Multiaventura
6° de primaria: Saída cultural a Asturias
Coñecemos diferentes paisaxes, estivemos en contacto e aprendemos numerosas curiosidades sobre un gran número de especies animais e vexetais, plantamos e traballamos na horta, fixemos pan e queixo. Mais tamén tocaron vivir aventuras e xogos na auga, tanto no río coma na piscina.
Xa estamos esperando para gozar das saídas culturais do próximo curso!






