Back

A vida é unha obra de teatro

A vida é unha obra de teatro […] Por iso canta, ri, baila, chora e vive intensamente cada momento da túa vida”

CHARLES CHAPLIN

Xogar a crear e inventar novas versións de nós mesmos, é unha magnífica e pedagóxica forma de aprender a participar e colaborar en equipo.

O escenario, ese pequeno espazo de cortinas e nacemento de diversión e educación que nos catapulta dunha forma especial á exposición ante os demais convidándonos a desenvolver aspectos tan importantes como:

– A imaxinación e a creatividade

– A nosa autoestima

– A convivencia e traballo en equipo

– O recoñecemento e xestión das nosas emocións

– O expoñerse e resolver situacións ante un público

– O traballo de recursos literarios, históricos e de tradición sociocultural

– A mellora e potenciación de habilidades comunicativas

– A concentración e a atención

– Os valores de tolerancia, empatía e respecto

– Xerar máis seguridade en si mesmo

– Xogar coa fantasía

E mil cousas máis!