Back

Como gozamos cos proxectos!

En sexto de primaria comezamos con moita ilusión co primeiro proxecto deste curso!

Estamos a traballar os dereitos humanos, eses que pensamos que todos temos, pero que escasean en moitas partes do mundo.

O título deste proxecto é “Ditosos dereitos!” e aquí falamos sobre a vulnerabilidade de moita xente no mundo, incluso persoas que están moi preto nosa e, pola contra, tamén nos fixamos naquelas que aportan o seu grao de area para contribuír a mellorar a situación desa xente. 

A estas persoas que tanto axudan chamámoslles “súper heroes” e queremos que os nosos alumnos e alumnas poidan ser tamén súper heroes do futuro, empezando xa no presente ao observar e mellorar a realidade que os rodea.

Continuamos con moitas ganas e ilusión o noso traballo!

Os titores de sexto: Marco, Vanessa e Álvaro

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.