
Campaña de Nadal
Esta tarde rematamos a campaña de Nadal co reparto dos produtos que o alumnado trouxo ao colexio. Foi un momento moi participativo xa que pola mañá o alumnado de 2.º ESO e 4.° ESO estiveron axudando a recoller as últimas doazóns e a clasificalas. Pola tarde achegáronse alumnos de 1.º e 2.º de Bacharelato e mais algún antigo alumno para axudar na preparación das caixas de produtos e na entrega ás distintas institucións coas que colaboramos. En cada unha das entregas tivemos a ocasión de falar cos encargados e que nos contasen o traballo que fan in situ. Resultou unha experiencia moi interesante e toda unha aprendizaxe para a vida.
Os alumnos quedaron moi contentos e o equipo de pastoral aínda máis se cabe por poder compartir e gozar coa súa compañía.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN.