
18 ESTUDIANTES RECIBEN PREMIO MEGAU 2026
- Posted by admin
- Data Xuño 23, 2026
O pasado venres 19 de xuño, 18 estudantes de Bacharelato recibiron o premio MEGAU 2026.
Este premio concédese ao alumnado con mellores expedientes nas probas de acceso á Universidade (nota igual ou superior a 8,5 na fase xeral das probas PAU 2026).
O acto tivo lugar no Multiusos de Sar e estivo organizado polas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) así como pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Aproveitamos a ocasión para felicitar aos nosos 18 estudantes polo mérito acadado.
Tamén che pode interesar
Modelo de Parlamento Europeo do colexio La Salle
Claudia debate na cuna da democracia
Os planetas baixan a Infantil
Esta semana as nosas aulas de Educación Infantil recibiron unha visita moi especial. Un grupo de alumnos e alumnas de 1º da ESO baixou cos seus titores e titoras para contarnos como é o sistema solar. Con monicreques, contos e …
