
Modelo de Parlamento Europeo do colexio La Salle
- Posted by admin
- Data Outubro 20, 2026
O xoves 15 de outubro celebrouse no noso colexio a fase escolar do Modelo de Parlamento Europeo.
Esta actividade fomenta a expresión en público e a capacidade de debate, aparte do pensamento crítico.
A través desta experiencia os alumnos e alumnas tratan temas actuais e de interese social creando solucións a eles.
As comisión presididas polos alumnos de 2 de bacharelato, que o ano pasado participaron en diversas competicións de debate, desenvolveron os temas:
- ‘O impacto das redes sociais nas persoas novas’.
- ‘A reducción da xornada laboral’.
- ‘O recoñecemento facial en espazos públicos’
- e a cuestión de se ‘crear un exercito común europeo o mantener o modelo actual’.
Todos estes temas foron tratados ao largo de toda a xornada na que participaron setenta e seis alumnos e alumnas de 1.º de bacharelato que deron unhas resolucións para cada un dos problemas.
Pola tarde, defenderonse e debatironse estas mesmas resolucións nun modelo auténtico de asamblea parlamentaria.
Os delegados escollidos para a fase autonómica este ano que se celebrará o 13 e 14 de novembro, onde estarán con alumnos de toda Galicia, son: Noela Cores, Helena Savedra, Sofía Blanco, Antía Mato, Paloma Concheiro, Candela Vidal, Ariana Mosquera e Antonio Domínguez. Esperamos que esta xornada fora unha experiencia digna de lembrar e útil nun futuro. ¡Moi ben feito e noraboa a todos os participantes!


Tamén che pode interesar
Éxito na Carreira Pedestre de Santiago
Novembro 5, 2026
MISIÓN CUMPRIDA! ATOPAMOS O MICRÓFONO DE CALISTA!
Novembro 4, 2026
Da cabeza aos pés, aprendemos inglés!
Novembro 3, 2026
