
Claudia debate na cuna da democracia
- Posted by admin
- Data Outubro 20, 2026
Claudia Benito Illobre, alumna de 2º de Bacharelato estivo presente na 7ª sesión Euromediterránea do Modelo de Parlamento Europeo que se celebrou do 8 ao 14 de outubro na illa grega de Zante representando a España.
Despois dos méritos acadados durante o curso pasado, chegoulle a Claudia a hora de viaxar ás illas gregas para representar a España nesta sesión Euromediterránea. Foron días de traballo e debate e, como non, tamén de convivencia cos outros representantes españois e os de outros países europeos.
E, como non lle chegou co vivido en Grecia, foi chegar a Santiago e subirse xa á mesa da presidencia na xornada do MEP que se celebrou o día 15 no noso colexio.
Parabéns Claudia polo teu bo facer!




Tamén che pode interesar
Éxito na Carreira Pedestre de Santiago
Novembro 5, 2026
MISIÓN CUMPRIDA! ATOPAMOS O MICRÓFONO DE CALISTA!
Novembro 4, 2026
Da cabeza aos pés, aprendemos inglés!
Novembro 3, 2026
