
ADEUS, INFANTIL DE 3 ANOS!
Hai un ano chegaban ao cole con bágoas nos ollos. Hoxe marchan correndo cara ao patio, xa convertidos en parte do cole, e despídense deste primeiro chanzo coa ilusión posta en catro anos.
Antes de marchar, quixeron deixar pegada, e deixáronla coas súas propias mans: encheron bandexas de pintura de mil cores e, un a un, foron estampando a súa man no papel, cada un coa súa cor e o seu nome ao lado, até converter un simple tronco nun árbore enorme cheo de vida.
Á vez, prepararon a benvida para os máis pequenos que o ano que vén ocuparán as súas clases: sentados no chan, coloreron letra a letra un cartel ben grande que di BENVIDOS. Así quedou listo o agasallo perfecto, un árbore de mans con nomes e un corazón debuxado con agarimo, agardando para recibir aos novos nenos e nenas.
Para despedir a etapa coma se merece, non faltou unha merenda especial entre amigos, con froita fresca e moitas risas. Porque, aínda que cambien de clase, sempre queda algo dese primeiro ano: as primeiras amizades e a certeza de que, no cole, sempre hai sitio para medrar con cariño.
Boa viaxe a catro anos, equipiño!










