
LA SALLE NA FINAL DO PARLAMENTO XOVE
- Categorías Actualidade, Bacharelato, Colexio
- Data Marzo 13, 2026
O derradeiro sábado, 7 de marzo, dous equipos de rapaces de bacharelato de La Salle competiron no torneo de Debates “Parlamento Xove”, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Nuns vibrantes 45 minutos tiñan que enfrontarse á pregunta “a dixitalización mellora realmente a calidade da aprendizaxe?” e soster, ante o equipo contrario, a postura a favor ou en contra, sorteada previamente entre os dous.
Vinte catro grupos de 4 rapaces, procedentes das catro provincias galegas, xuntáronse no Carballiño para demostrar que, a pesares das redes sociais, as habilidades de oratoria, de debater con amabilidade e da dialéctica socrática seguen vivas nas novas xeracións.
O equipo 1 de La Salle, composto por Irene Tasende, Paula Fernández, Martín Ferreiro e Antón Navaza, clasificouse entre os oito primeiros para a final que se celebrará en Santiago no mes de xuño, gañando os tres debates nos que participou. O equipo 2, formado por José Manuel Fernández, Miguel González, Mateo López e Catalina Otero, gañou dous dos tres debates e só a lotería dos puntos o deixou fora desa final. Noraboa ós dous equipos que, coma sempre, demostraron que o talento segue fluíndo polas veas dos alumnos do Colexio La Salle.
O evento tamén tivo a súa repercusión nos medios de comunicación escrita:
Tamén che pode interesar
LER PARA CRECER
Cociñando a teoría de Empresa
