
Alejandra, unha vez máis, campioa de España
A nosa alumna de 1.º Bacharelato Alejandra Neira, proclamouse de novo este ano campioa de España na especialidade de contrarreloxo.
Hoxe comezaron os campionatos de España de ciclismo en Granada e, na primeira proba, a da contrarreloxo individual, contra todos os prognósticos, xa que é o primeiro ano que está na categoría Júnior, Alejandra proclamouse campioa de España Júnior. O ano pasado xa o fora na categoría cadete, pero este ano ten o mérito de ser debutante nesta categoría.
A carreira tiña a súa dificultade, xa que no percorrido estaba a ascensión a Sierra Nevada, pero Alejandra tivo máis forza que todas as súas rivais.
Parabéns, Alejandra, non só por este triunfo, senón polo curso que fixeches este ano. Moito ánimo e moita sorte para as competicións deste verán e conta co noso apoio.