Back

Primeiros pasos cara á aventura: os pequenos de tres anos chegan á La Salle

Cada día trae unha sorpresa: un saúdo tímido que se converte en aperta, unha mirada curiosa diante da mascota da clase, a emoción de pintar, cantar ou explorar recunchos que axiña sentirán como propios.

As familias acompañan este inicio con ilusión, compartindo a ledicia de ver como os seus fillos medran, aprenden e gozan. E as mestras viven estes momentos coa mesma emoción, preparando actividades que fan de cada xornada unha experiencia única.