Back

23 Estudantes reciben premio MEGAU 2025

O pasado venres 20 de xuño, 23 estudantes de Bacharelato recibiron o premio MEGAU 2025.

Este premio concédese ao alumnado con mellores expedientes nas probas de acceso á Universidade (nota igual ou superior a 8,5 na fase xeral das probas PAU 2025).

O acto tivo lugar en Vigo e estivo organizado polas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) así como pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Aproveitamos a ocasión para felicitar aos nosos 23 estudantes polo mérito acadado.