Back

Como gozamos nas saídas culturais!

Se hai un momento que as nenas e nenos de primaria esperan con ansia é a chegada das saídas culturais. Un día distinto no que profesorado e alumnado comparten tempo dunha forma moi diferente ao día a día nas aulas.

Cada nivel vive unha experiencia única e irrepetible. Os máis pequenos desfrutaron na Granxa do Queixo onde, ademais de poder elaborar este produto, desfrutaron con xogos tradicionais e fermosos roteiros. En segundo tamén coñeceron animais, plantas e fixeron unhas boliñas de pan moi saborosas. En cuarto tocou visitar A Coruña, o museo Muncyt e o Aquarium Finisterrare. Cantas cousas sorprendentes aprenderon! Os cursos de terceiro e quinto foron algo máis aventureiros, visitando Fervenzaventura e o Galipark respectivamente. Risadas constantes e moita adrenalina a flor de pel! Por último, o alumnado de sexto de primaria puido gozar da tan desexada excursión a Asturias, na que puideron pasar cinco días inesquecibles cos seus compañeiros e compañeiras mais co profesorado.

En cada un dos destinos, as nenas e nenos puideron aprender, xogar, desfrutar, convivir e levar para as súas casa unha chea de recordos que xamais esquecerán!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.