
A VIAXE DE KILLARY
Coidar a natureza é fundamental para manter un equilibrio saudable no noso planeta.
Todos os animais xogan un papel importante no seu hábitat e debemos protexer o seu medio para que poidan vivir felices e seguros. Killary realiza unha labor moi importante ao longo do Proxecto 5, viaxa polo mundo, pasando pola sabana africana, as selvas de México e o mar Mediterráneo, enviándonos postais sobre a importancia de protexer os animais en perigo de extinción. Killary axudaranos a coñecer os diferentes animais e as súas características, e a través das súas aventuras, os nenos e nenas aprenderán a interesarse polos hábitos dos animais e como as nosas accións poden afectar ao seu fogar.
Xuntos podemos marcar a diferenza e coidar o noso planeta!



