
O MECO MANDA…
Durante a semana do Entroido, o noso centro encheuse de cor, alegría e moita creatividade.
Cada día, os nenos e nenas viñeron ao cole cun complemento diferente seguindo as indicacións do Meco, preparándose pouco a pouco para o gran día.
O xoves foi un día moi especial xa que todos e todas completamos o disfrace de pintores, cada un dando renda solta á súa imaxinación. Comezamos o día desfrutando da marabillosa actuación do grupo de familias que viñeron a contar e representar varios contos para o público de infantil, o cal agradecemos moito e desexamos volver velos moi pronto. E pola tarde, rematamos a xornada cunha gran festa de Entroido, compartindo as aportacións de todas as familas dos nenos e nenas de infantil.
E quédanos o venres para encher o cole de múltiples personaxes, disfraces libres que transmiten ledicia, diversión e ilusión infinita.
Moitas grazas a todos e a todas pola colaboración e por facer destes días, uns días tan especiais!



