Back

Parlamento Xove

O equipo de 1ºBacharelato acada a fase final do Torneo de Debate Parlamento Xove na súa edición de 2025, tras clasificarse en terceira posición ao rematar a fase clasificatoria, na que participaron 20 equipos, que se celebrou os días 21 e 22 de marzo en O Carballiño (Ourense).

Parlamento Xove é un programa da Xunta de Galicia baseado nunha competición na que os diversos equipos inscritos investigan e debaten sobre un tema formulado pola organización. Na edición deste ano, o tema de debate da fase clasificatoria foi: “”Compénsalle a Europa apostar pola reindustrialización?”.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e grupais (destacando o desenvolvemento da capacidade de selección de información, expresión oral, orixinalidade e a argumentación razoada) ao tempo que fomenta a lectura, a escritura, o emprego de novas tecnoloxías con fins informativos e culturais así como o respecto polas ideas dos demais.

Os estudantes Ainara Rodríguez Otero (argumentadora inicial), Simón Collantes Barros e Gael González Pego (refutadores) e Antía María Lois Gende (conclusora); coordinados polo profesor (José Feijoo) disputaron os seguintes enfrontamentos:

  • CPR Plurilingüe La Salle – IES Arcebispo Xelmirez I (150 – 108)
  • IES Cacheiras – CPR Plurilingüe La Salle (117 – 153,5)
  • CPR Plurilingüe Peñarredonda – CPR Plurilingüe La Salle (141,5 – 151)

Aínda non hai tema, nin data, para a fase final polo que toca descansar, recuperar forzas e frescura co obxectivo de afrontar a fase final nas mellores condicións.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.