Convivencia dos grupos de 2.º de Bacharelato
Os pasados mércores 30 e xoves 31 de outubro os grupos Salle Xove de 2.º de Bacharelato estiveron convivindo na Gafa (Portosín) acompañados polos seus animadores, Carlota Blanco e Suso Casal.
Foron dous días moi intensos nos que, ademais de traballar realizando os proxectos de grupo, houbo tempo para fortalecer lazos e compartir momentos moi agradables.
De seguro que a experiencia foi moi enriquecedora e se repetirá.