O IMPORTANTE NON É SER IGUAIS, O IMPORTANTE É FACER BO EQUIPO!
No internivel SAUDABLE realizamos actividades relacionadas coa saúde, o coidado dun mesmo e da natureza que nos rodea.
Pasamos as tardes gozando e aprendendo xogos tradicionais, xogos de coordinación, equilibrio, velocidade, etcétera. Achegámonos á natureza a través da nosa pequeña horta. Observamos e eliximos as sementes, facemos hipóteses sobre o seu desenvolvemento e coidados. O máis importante e divertido é que o facemos en equipo!