Back

Intercambio en Nantes

29 alumnos de 2.° de Secundaria están disfrutando estes días do seu intercambio en Nantes cos alumnos do colexio La Salle du Loquidy.

Segundo nos din, trouxemos o sol, xa que levaban semanas de choiva continua e, de feito, se ven os campos dos arredores inundados.

Nós estamos a ter sorte, xa que non chove e podemos ir facendo todas as actividades e visitas previstas.

Destas podemos destacar a visita ao parque do Puy de Fou que non deixou de nos sorprender ou o paseo en barco polo río Edre no que tivemos a posibilidades de exercer de  timoneis.

A acollida por parte das familias está a ser espectacular e o profesorado estanos a axudar a que a experiencia de inmersión sexa positiva.

Xa nos queda pouco para voltar á casa, pero non nos importaría seguir uns días máis.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.