XL Certame das Letras Galegas
A edición do XL CERTAME DAS LETRAS GALEGAS realizouse desta xeira dun modo diferente. Aproveitando a celebración do Día Internacional do Libro, convidamos o alumnado para compartirmos unha tarde de creación literaria.
Os participantes coñeceron datos fundamentais da biografía e da obre de Luísa Villalta, a autora á que a Real Academia decidiu dedicarlle o 17 de maio. A seguir comezou o proceso de creación persoal coa inspiración dunha secuencia da autora: “a inmensidade do espacio que nos queda para voar”, e mais cun poema da profesora Teresa Iglesias que nos convida á lectura e á necesidade de convivir cos libros como fonte de saber, de pracer e como compañía no día a día.
Na categoría A, de alumado de 1.º e 2.º de ESO, resultaron premiados os seguintes traballos:
- 1.º premio para o texto “Grazas a ti”, asinado co pseudónimo Lúa vermella, que corresponde á alumna Noela Cores Iglesias, de 2.º ESO D
- 2.º premio para o texto “O nacemento da liberdade”, asinado co pesudónimo Carmen García, que corresponde á alumna María Lamas Codesido, de 2.º ESO D
- 3.º premio para o texto ”Os dereitos do espazo”, asinado co pseudónimo Gato curioso, que corresponde á alumna Catalina Pereira Cortizo, de 1.º ESO A
Na categoría B, de alumado de 3.º e 4.º de ESO, resultaron premiados os seguintes traballos:
- 1.º premio para o texto “O peixe que quería voar”, asinado co pseudónimo Fonte, que corresponde á alumna Paula Fernández Pérez, de 3.º ESO B
- 2.º premio para o texto “Quérote, liberdade”, asinado co pseudónimo ELE, que corresponde á alumna Lara Chaves Castro, de 3.º ESO B
- 3.º premio para o texto “Soños espertos e algún que outro recordo”, asinado co pseudónimo O capón, que corresponde ao alumno Darío Gallardo Rubio, de 4.º ESO C
Na categoría C, de alumado de Bacharelato, resultaron premiados os seguintes traballos:
- 1.º premio para o texto “O boneco de cristal”, asinado co pseudónimo Lisístrata, que corresponde á alumna Raquel Gutiérrez López, de 1.º Bacharelato C
- 2.º premio para o texto “Inmensa humanidade”, asinado co pseudónimo Psique, que corresponde á alumna Uxía Iglesias Saco, de 1.º Bacharelato C
- 3.º premio para o texto “Urquiola”, asinado co pseudónimo Carlos Casares, que corresponde ao alumno Delfín Pérez Rodríguez, de 1.º Bacharelato D
Agradecémoslle á ANPA a axuda que cada ano nos brinda coa achega económica e á Libraría Couceiro, que patrocina os terceiros premios, co agasallo de cadanseu lote de libros para os gañadores. Tamén lle agradecemos a Laura Novo (alumna de 1.º Bacharelato) que deseñase o cartel da convocatoria do Certame Literario.