COÑECENDO BONAVAL
O parque de Bonaval, un proxecto do arquitecto Álvaro Siza e a paisaxista Isabel Aguirre. Estudaron a integración das antigas edificacións co Centro Galego de Arte Contemporánea.
Aproveitando estas primeiras mañás de verán, os nenos e nenas de 3 anos fómonos ata o parque de Bonaval. Onde puidemos ver: flores, árbores, fontes e esculturas. Foi unha divertida aventura.