Back

Despedida de Infantil

Nun abrir e pechar de ollos pasaron tres anos de compartir, de aprender e de querernos. E, así, case sen darnos conta, rematamos a Etapa de Infantil.

Entramos nas aulas por última vez para vestir a nosa nova camiseta de La Salle, coloreada cos nomes dos nosos amigos e saímos rumbo ao salón de actos. Alí, despedímonos con con maxia e cantando. Cantamos para entender o importante do vivido ao longo deste tempo e tamén para saber que imos continuar queréndonos todos (como di a canción da profe Cris).
Foi todo moi emocionante. Houbo bágoas, risas, apertas, agradecemento… e tamén chocolate con churros.

Agora comezamos as merecidas vacacións sabendo que, en setembro, nos esperan novas aventuras.

EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.