Back

Encontro de formación de profesores novos de terceiro ano en Arcas Reales

  • O grupo, integrado por 15 profesores do Sector Valladolid, participou na última xornada formativa do plan de carreira inicial.
  • O tema central da formación xirou arredor das diferentes experiencias e realidades de comunidade lasaliana dos centros educativos.

O curso vai tomando a súa recta final e, da mesma maneira, vanse desenvolvendo os diferentes encontros que poñen o broche final do plan formativo do curso. Nesta ocasión, tocoulle a quenda á promoción de terceiro ano de profesores novos, un grupo de 15 docentes de terceiro ano, procedentes dos centros educativos da zona noroeste da Península.

O tema que configurou o fío condutor da xornada foi as comunidades lasalianas, integrando varios espazos de reflexión e traballo ao redor da comunidade educativa, a experiencia comunitaria como docente, a misión compartida e a esencia da comunidade cristiá La Salle no labor social e educativo de cada centro.

O grupo de profesores puxo o peche a un proceso de formación inicial de tres anos, como parte do plan de acollida e adaptación que o Instituto formula para todos os profesionais docentes. O programa terá continuidade en cada centro, adaptado ás necesidades formativas de cada profesor e de cada obra educativa.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.