Back

Saída cultural a Asturias e Cantabria

As nenas e nenos de sexto de primaria puideron gozar duns marabillosos días de convivencia e desconexión xunto co seu profesorado.

Por fin chegou o tan ansiado momento, a excursión de fin de curso, no que o alumnado de sexto puido pasar tres intensos días por Asturias e Cantabria realizando numerosas e divertidas actividades. O primeiro día tiveron a oportunidade de practicar surf da man de monitores e monitoras especializados. Que emoción poder desfrutar con tanta adrenalina das olas!

O segundo día tocou pasar a xornada completa no Parque da Natureza de Cabárceno, que se atopa nunha antiga mina reformada na que conviven de forma natural diversidade de animais salvaxes. O terceiro e último día realizaron o descenso do Sella utilizando canoas de dúas prazas para desfrutar da natureza en estado puro mentres que realizaron un recorrido duns oito quilómetros aproximadamente.

Foron uns días moi fermosos de compartir momentos de comida, diversión e aventura. O profesorado está moi contento e orgulloso do comportamento e implicación das nenas e nenos durante toda a viaxe.

Estes días quedarán gravados na memoria de todos!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.