Os nosos primeiros proxectos con Scratch
No internivel MAKER levamos todo un curso preparando o noso pensamento computacional a través de diferentes actividades, buscando sempre aqueles patróns que atopamos en cancións, comidas, debuxos, xogos… para poder PROGRAMAR.
Unha vez que temos os recursos, coas nosas táboas na man, chega o momento máis importante e esperado de todos: comezar a programar con Scratch. Nestas idades temperás é vital que a aprendizaxe sexa significativa e tamén divertida.
O uso de Scratch favorece o desenvolvemento do pensamento lóxico. Mediante a programación, o neno e a nena conseguen desenvolver a súa capacidade para estar máis estruturados e organizados na xestión dos recursos e no uso de ferramentas que o leven a lograr a resolución dunha tarefa concreta.
Todo un traballo que nos deu grandes satisfaccións.
PURI GONZÁLEZ
Mestra de Educación Infantil