Aprendemos educación vial!
A semana pasada, o alumnado de sexto de primaria participou no circuíto de educación vial que tivo lugar no Recinto Ferial de Amio.
As nenas e nenos tiveron unha primeira charla moi interesante que trataba sobre as normas de circulación, os tipos de vías, as sinais e as pautas para circular de forma segura, tanto como peóns coma como condutores, que neste caso eran ciclistas. Despois chegou o momento de poñer en práctica a teoría así que, por grupos, realizaron un circuíto completo con semáforos luminosos, diferentes rúas, rotondas, sinais e pasos de peóns, onde uns participaban como condutores, utilizando bicicletas e triciclos, mentres outros eran os peóns. Por último, para facer máis completa e emocionante a actividade, regaláronlle un xogo de educación vial a cada participante.