Testemuña familias de acollida
O alumnado de 1.º ESO recibiu esta semana a visita de Bibiana, membro de ACOUGO (Asociación galega de familias de acollida).
A súa testemuña fíxonos partícipes dunha dura realidade, a situación dos menores que teñen que estar baixo o sistema de protección público, mais as súas palabras mostraban o cariño, tenrura e coidado que estes nenos reciben por parte das súas familias de acollida, así como dos traballadores dos centros de menores.
Os alumnos e alumnas puideron preguntar e dialogar, e desta forma, coñecer máis de cerca as vivencias das persoas que protexen e velan por estes menores. Sen dúbida, una testemuña moi enriquecedora e necesaria.
Aproveitamos para dar as grazas a Bibiana e a asociación Acougo, por compartir connosco esta preciosa experiencia de vida.
Todo neno e nena merece unha familia!