Back

Testemuña familias de acollida

O alumnado de 1.º ESO recibiu esta semana a visita de Bibiana, membro de ACOUGO (Asociación galega de familias de acollida).

A súa testemuña fíxonos partícipes dunha dura realidade, a situación dos menores que teñen que estar baixo o sistema de protección público, mais as súas palabras mostraban o cariño, tenrura e coidado que estes nenos reciben por parte das súas familias de acollida, así como dos traballadores dos centros de menores.

Os alumnos e alumnas puideron preguntar e dialogar, e desta forma, coñecer máis de cerca as vivencias das persoas que protexen e velan por estes menores. Sen dúbida, una testemuña moi enriquecedora e necesaria.

Aproveitamos para dar as grazas a Bibiana e a asociación Acougo, por compartir connosco esta preciosa experiencia de vida.

Todo neno e nena merece unha familia!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.