![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.25.jpeg)
Esa tal… Mona Lisa
Que segredos esconde esa dama florentina representada en un pequeno cadro?
“Que pasa no museo” é o título do noso Terceiro Proxecto NCA. Unha nova temática con perspectiva artística onde os nosos pequenos e pequenas exploran, investigan e descobren de forma individual, grupal ou con axuda das familias, as características máis representativas da época renacentista. Tomando como referencia o gran Leonardo da Vinci e a súa obra pictórica máis famosa, A Mona Lisa, penetramos no mundo da arte.
O eco artístico xerado pola tan renomeada obra, convidou a moitos autores á creación de múltiples e variadas versións da Gioconda, destacando polo seu especial estilo e cor a Fernando Botero e Andy Warhol. É na riqueza do contraste entre estes tres autores (Da Vinci, Botero e Warhol), onde os nosos nenos e nenas exploran a variedade de interpretacións a través da cor, forma, estilo e perspectiva.
O retrato pasa a ser un elemento fundamental da expresión artística e o autorretrato como un fantástico motivo e base para a autoobservación, autocoñecemento e conciencia corporal.
O traballo do fondo e a superficie, a perspectiva desde diferentes ángulos, a procura dos detalles, a definición dun estilo, a curiosidade polo descubrimento dunha historia escondida nun cadro tan pequeno…, ábrenos un novo camiño na expresión das nosas propias creacións.
SONIA FRANCO TORRES
Mestra de Educación Infantil
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.28.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.28-3.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.28-2.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.27-2.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.26-1.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.26-2.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.25-2.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.24.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.24-4.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.24-1.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.23-3.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.23-1.jpeg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/01/WhatsApp-Image-2022-01-27-at-11.26.23-2.jpeg)