Back

Esa tal… Mona Lisa

Que segredos esconde esa dama florentina representada en un pequeno cadro?

Que pasa no museo” é o título do noso Terceiro Proxecto NCA. Unha nova temática con perspectiva artística onde os nosos pequenos e pequenas exploran, investigan e descobren de forma individual, grupal ou con axuda das familias, as características máis representativas da época renacentista. Tomando como referencia o gran Leonardo da Vinci e a súa obra pictórica máis famosa, A Mona Lisa, penetramos no mundo da arte.

O eco artístico xerado pola tan renomeada obra, convidou a moitos autores á creación de múltiples e variadas versións da Gioconda, destacando polo seu especial estilo e cor a Fernando Botero e Andy Warhol. É na riqueza do contraste entre estes tres autores (Da Vinci, Botero e Warhol), onde os nosos nenos e nenas exploran a variedade de interpretacións a través da cor, forma, estilo e perspectiva.

O retrato pasa a ser un elemento fundamental da expresión artística e o autorretrato como un fantástico motivo e base para a autoobservación, autocoñecemento e conciencia corporal.

O traballo do fondo e a superficie, a perspectiva desde diferentes ángulos, a procura dos detalles, a definición dun estilo, a curiosidade polo descubrimento dunha historia escondida nun cadro tan pequeno…, ábrenos un novo camiño na expresión das nosas propias creacións.

SONIA FRANCO TORRES

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.