Back

Xogar pensando

O desenvolvemento do pensamento lóxico nos nenos e nenas beneficia a atención e concentración, o desenvolvemento dun pensamento crítico, reflexivo, aumenta a capacidade do uso da linguaxe e dos números, aumenta a autoestima e beneficia a flexibilidade mental.

Mentras desfrutamos xogando, necesitamos estar atentos,  cuestionar o por que e o como,  cumprir normas, establecer relacións, seguir pautas, abrirse a novas formas de pensar, a ser creativos… Habilidades que favorecen o desenvolvemento integral dos nenos e nenas e aplicables a diferentes aspectos das súas vida.

O xogo permítenos ofrecer un ambiente cotía óptimo para o razoamento lóxico, e na mellor compañía, como son os amigos,  comezamos con reprodución de patróns (paos de madeira, policubos, construcións, formas xeométricas, xogo colour code…), para continuar con secuencias temporais (actividades cotiás, contos…) e retos motores máis adiante, ao mesmo tempo, vanse alternando xogos que tamén nos axudan a traballar o pensamento lóxico: crebacabezas, construcións, distintos xogos de mesa, pasatempos…

Cal é o reto? Non importa! Observa, relaciona, descobre, proba, verbaliza, xeneraliza, razoa, atopa estratexias… e o reto é teu!

LUISA PÁJARO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.