Back

Apuntámonos a non beber

O consumo de bebidas alcohólicas xera cambios físicos e mentais e, ademais pode desenvolver dependencia e tolerancia; pode inducir trastornos mentais non só nas persoas dependentes, senón tamén nas consumidoras regulares. O consumo de alcohol entre as persoas menores de idade ten consecuencias inmediatas e graves, así como consecuencias prexudiciais a medio-longo prazo. O cerebro das persoas menores de idade é especialmente vulnerable aos efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por todos estes motivos e por moitos máis o alumando de 4.º ESO estamos a participar no curso-concurso: Apuntámonos a non beber do plan PROXECTA da Xunta de Galicia. Xa tivemos un primeiro cursiño de dúas sesións e teremos outro dunha na seguinte avaliación, logo do cal poremos a nosa imaxinación a traballar na procura dun eslogan, anuncio ou campaña contra o consumo de alcohol.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.