Back

Unha cooperativa galega, unha libraría e un cine nunha visita

Os alumnos de Economía e IAEE comezamos decembro indo ao cinema. O pasado ano visionamos O mozo Karl Marx e este ano démoslle continuidade con Miss Marx.

Nesta visita explicáronnos por que os do NUMAX escolleron a forma xurídica de cooperativa, como financiaron o proxecto evitando as condicións de avais imposibles da banca tradicional acudindo a coop 57 e o porqué de ter un laboratorio de ideas e unha libraría, por riba da sala de cinema.

Todo moi interesante e novidoso.

Presentounos a proxección: Leonor Marx a filla pequena do famoso pensador ten que enfrentar  as incoherencias da vida, tanto propias coma do seu pai. Loitadora polos dereitos dos traballadores, abolicionista do traballo infantil e militante pola igualdade dos homes e as mulleres… e á súa vez, muller sometida a un marido caprichoso e infiel que a emprega ao seu antollo.

Deunos que pensar, axudounos a contextualizar aos autores no tempo, achegounos esperanza ante as melloras xa experimentadas e ganas de avanzar ante os cambios pendentes.

Quedamos con ganas de máis.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.