Unha cooperativa galega, unha libraría e un cine nunha visita
Os alumnos de Economía e IAEE comezamos decembro indo ao cinema. O pasado ano visionamos O mozo Karl Marx e este ano démoslle continuidade con Miss Marx.
Nesta visita explicáronnos por que os do NUMAX escolleron a forma xurídica de cooperativa, como financiaron o proxecto evitando as condicións de avais imposibles da banca tradicional acudindo a coop 57 e o porqué de ter un laboratorio de ideas e unha libraría, por riba da sala de cinema.
Todo moi interesante e novidoso.
Presentounos a proxección: Leonor Marx a filla pequena do famoso pensador ten que enfrentar as incoherencias da vida, tanto propias coma do seu pai. Loitadora polos dereitos dos traballadores, abolicionista do traballo infantil e militante pola igualdade dos homes e as mulleres… e á súa vez, muller sometida a un marido caprichoso e infiel que a emprega ao seu antollo.
Deunos que pensar, axudounos a contextualizar aos autores no tempo, achegounos esperanza ante as melloras xa experimentadas e ganas de avanzar ante os cambios pendentes.
Quedamos con ganas de máis.