Back

Experiencias na materia de Tecnoloxía

Xa que este ano foi, por diversas circunstancias, algo atípico, non puidemos facer uso do taller na materia de Tecnoloxía e, por tanto, non foi posible realizar as actividades que se viñan levando a cabo en 4.º ESO. Porén, iso non quere dicir que quedásemos na clase memorizando o temario sen desenvolver todas as competencias relativas á creatividade e ao traballo persoal que esta materia comporta, senón todo o contrario.

De feito, inscribímonos no programa Iberdrola Investiga I+D+I, o que nos permitiu afondar en distintos temas de actualidade científica, como “a Internet das cousas”,” a nanotecnoloxía na medicina” ou “o uso da enerxía eléctrica como base da actividade económica”.

Tamén participamos en Galiciencia, a feira científica máis relevante de Galicia. Esta actividade permitiunos canalizar a nosa curiosidade, transformándoa en aprendizaxe e desenvolvendo facetas tan significativas como a creatividade ou a independencia e que, ás veces, non se traballan tanto como sería desexable.

Deste xeito e, malia as dificultades que supuxo a pandemia, fomos capaces, na materia de Tecnoloxía, de sacarlle proveito ao curso mediante estas formativas experiencias.

Por iso, destaco un balance positivo e enriquecedor deste ano tan excepcional.

Carlos Arjona

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.