Actualidade
O Colexio de Economistas de A Coruña e o Consejo General de Colegios de economistas organizaron por segundo ano consecutivo un torneo de debate entre alumnos de bacharelato. Á primeira fase concurriron dous equipos do colexio. Un formado por Jimena Regueira, Carlos Trillo, María Gamás e Froila Sarmiento, que presentou un orixinal vídeo teatralizado no que poñían de relevo distintos aspectos a ter en conta se se quere dar resposta aos problemas económicos de maneira responsable. E é que a responsabilidade era o asunto central a debate. Baixo título: “Nesta situación de crise provocada pola Covid-19, é máis responsable consumir ou aforrar?” os alumnos tiñan que defender a súa postura argumentada transmitindo a menxase a través dun vídeo de 4 minutos de duración.
O segundo equipo, composto por Paula Núñez, Íñigo Martínez, Ángela Dopazo e Laura Tarrío resultou gañador da fase provincial, polo que agora terá que enfrontarse aos outros 24 vencedores na fase nacional.
A resposta que defenderon estes alumnos foi a do consumo responsable, apelando tanto á actuación das economías domésticas, como a das empresas e ao mesmo Estado.
Desexámoslle sorte no próximo encontro e felicitámoslles polo éxito acadado.
Noraboa a todos os participantes por animarvos nesta aventura inserta no esixente curso de 2º de bacharelato.
Ánimo pois!