Premios Extraordinarios de Bacharelato
- Categorías Actualidade, Bacharelato
- Data Xullo 25, 2020
Veñen de ser convocados os Premios Extraordinarios de Bacharelato. Poden acceder a eles aqueles alumnos que teñan unha nota no expediente de Bacharelato igual ou superior a 8,75. Conceden 20 premios de 1.000 euros na Comunidade.
No noso centro poden optar a este premio un total de 40 persoas, que supoñen un 37 % do alumnado matriculado en 2.º de Bacharelato. Todo un éxito, maior aínda tendo en conta a situación vivida este curso.
Desexámoslle toda a sorte a todos eles nas probas que serán realizadas nunha data aínda sen marcar.
Felicitamos tamén ao noso alumnado pola media conseguida nas probas de ABAU. O noso centro está entre os 14 primeiros de Galicia, cunha nota superior a 7, moi meritoria dadas as circunstancias deste curso.
Ademais, se temos en conta os colexios de Santiago, o noso centro está no segundo lugar en media acadada, superando en 0,3 ao seguinte.