Charla coas voluntarias do Refuxio de Bando
- Categorías Actualidade, Primaria
- Data Xuño 5, 2020
No mes de febreiro o alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria tivo a oportunidade de recibir a visita de Iris e Paula, dúas voluntarias do Refuxio de Bando que viñeron acompañadas de Albina, unha cadeliña das máis veteranas do refuxio. A soa presenza dun animal nos corredores do colexio rompeu por un intre coa rutina das nosas aulas.
As nenas e nenos sentíronse enormemente emocionados ao ver á cadela entrar na aula. As voluntarias contáronlle aos cativos para que serven os refuxios, e que se fai cada día para coidar destes animais vítimas do abandono. Albina tivo un comportamento exemplar e o alumnado foi consciente dunha nova realidade que implica a todos eses animais que foron tratados inxustamente e que precisan un novo fogar. Aprenderon e reflexionaron sobre a responsabilidade que supón adoptar e coidar dun animal de compañía.
A charla rematou cunha ronda de preguntas na que os nenos e nenas expresaban as súas dúbidas e o seu compromiso con esta realidade.
Toda unha experiencia!