Back

Visita ao Museo de Historia Natural da Universidad de Santiago de Compostela

Alá polo comezo do curso, as alumnas e alumnos de 2° de primaria, tiveron a oportunidade de visitar o Museo de Historia Natural (mhn) da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado, xunto co profesorado que o acompañaba, puido disfrutar dunha mañá moi especial que rompeu coa rutina diaria. Foi moi emocionante poder vivenciar moitos dos contidos científicos traballados nas aulas segundo iamos recorrendo as diferentes salas do museo.

Os nenos e nenas observaron de preto a fauna e flora galega. Abraiáronse ante a magnífica representación de distintos ecosistemas, e buscaban con entusiasmo o nome dos diferentes elementos que conforman os mesmos. Realizaron un traballo de investigación en toda regla.  E que mellor que espertar a súa curiosidade a través de novas experiencias para que constrúan o seu coñecemento ao mesmo tempo que se divirten e conviven entre eles.

Repetiremos pronto!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.