Back

O mundo da Pastoral curricular

Comezamos o curso no mes de setembro co lema de imaxina, e camiñamos baixo este lema todo este curso.

Dende o departamento de pastoral temos un só obxectivo formar persoas íntegras, traballando en conxunto coas súas familias, para que sexan líderes de acción positiva e construtores convencidos da civilización da xustiza e o amor.

Esforzámonos por ofrecer servizos, estruturas e persoas que faciliten a acción e o empeño educativo-escolar, ao longo do curso en diferentes momentos e actividades programadas dentro da nosa programación.

E para que todo isto fixésese realidade desde pastoral curricular traballando na campaña de Nadal, baixo o lema “Imaxina... Nadal para todos” onde se logrou unha gran achega para axudar as familias desfavorecidas do noso entorno. E as celebracións nas aulas do Advento.

A semana da Paz e non violencia, durante a cal reflexionamos sobre o que pode estar nas nosas mans para favorecer a paz na nosa entorna.

E neste último trimestre, moi atípico, e de maneira telemática, lembramos ao noso fundador, san Xoán Bautista de La Salle, cas reflexións da mañá, a vixilia na súa honra, e os traballos que os máis pequenos achegaron ata o correo das súas titoras.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.