
Aqualoxía de Viaqua para os alumnos de 3.º de Ed. Primaria
- Categorías Actualidade, Primaria
- Data Xuño 3, 2020
O alumnado de 3.º de Educación Primaria participou na proposta de Aqualoxía de Viaqua.
Esta experiencia desenvolveuse en dúas fases: unha primeira parte no centro de experimentación de laboratorio para fortalecer a sensibilización ante o traballo de tratamentos de augas e depuración, e unha segunda que consistiu na visita ás instalación da ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable do polígono do Tambre) e a EDAR (Estación depuradora de augas residuais) de Aríns.
Estas visitas servíronnos para coñecermos e concienciármonos da importancia da auga e do medio ambiente así como do ciclo urbano da mesma.
Para rematar a visita agasalláronnos cunha botella metálica reutilizable e uns caramelos.
Aquoloxía













Tamén che pode interesar
LA SALLE NA FINAL DO PARLAMENTO XOVE
Marzo 13, 2026
LER PARA CRECER
Marzo 10, 2026
Cociñando a teoría de Empresa
Marzo 10, 2026
