Back

Torneo de Debate de Economía

No mes de outubro tiveron lugar na Facultade de Económicas e ADE e mais no concello da Coruña os Torneos de Debate Organizados polo Consello de Economistas. Do noso colexio presentáronse dous equipos que tiveron que baterse na final provincial. Alba Gendra, Ivan Salsón, Nicolás piñeiro e Xabi Pardo nun equipo, e Alejandro Alvarellos, Pablo Balsa, Laura Buono, Ángela Murga e Antón Ramos, que foron os gañadores da fase, no outro.

A final, en Madrid, seguiu o mesmo formato, sendo informados no momento da postura, a favor ou en contra que tiñan que defender.
O xurado estivo composto polo gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos; o presidente da CNMV, Sebastián Albella e o presidente do Consello Xeral de Economistas de España, Valentín Pich.

O obxectivo desta actividade é dar pulo ás habilidades de oratoria, ao traballo en equipo, ás técnicas de procura de información relevante e á relevancia de contrastar e confrontar argumentos no debate.

Este torneo enmarcouse dentro das actividades do Plan de Educación Financiera 2018-2021 –ao que está adscrito o Consello Xeral de Economistas como entidade colaboradora– da CNMV e do Banco de España Pretende favorecer o desenvolvemento de habilidades que axuden os alumnos na súa vida formativa, laboral e social.

O noso equipo gañou fronte a Ourense e Huelva, mais quedou ás portas da final ao perder ante Valladolid, as campioas do torneo.

Como adoita ser habitual nestes casos, os rapaces viviron unha experiencia de superación, coñeceron o interior do Banco de España e tiveron a sorte de ser asesorados polo Profesor de debate en Train&Talk da Universidade de Comillas e ex-alumno do colexio, Santiago Pardo Iglesias.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.