Intercambio en Nantes
29 alumnos de 2.° de Secundaria están disfrutando estes días do seu intercambio en Nantes cos alumnos do colexio La Salle du Loquidy.
Segundo nos din, trouxemos o sol, xa que levaban semanas de choiva continua e, de feito, se ven os campos dos arredores inundados.
Nós estamos a ter sorte, xa que non chove e podemos ir facendo todas as actividades e visitas previstas.
Destas podemos destacar a visita ao parque do Puy de Fou que non deixou de nos sorprender ou o paseo en barco polo río Edre no que tivemos a posibilidades de exercer de timoneis.
A acollida por parte das familias está a ser espectacular e o profesorado estanos a axudar a que a experiencia de inmersión sexa positiva.
Xa nos queda pouco para voltar á casa, pero non nos importaría seguir uns días máis.