Back

Xuntos e con moita ledicia damos a benvida ao curso 2022/2023!

Esta mañá o colexio La Salle abría as súas portas a todas as nenas e nenos que, tras unhas ben merecidas vacacións, volvían á escola cun gran sorriso.

Tras días de preparación e posta a punto, os profesores e profesoras, por fin, puideron recibir ao alumnado cunha inmensa alegría.

Xuntos mellor!