
Xornada de orientación de 4.º da ESO
O día 19 de febreiro, 32 adultos das profesións máis variadas, participaron, como ponentes, na xornada de orientación de 4.º da ESO. En grupos moi pequenos, os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o percorrido de tomas de decisión dos conferenciantes e de facer as preguntas que prepararan con anterioridade, sobre as características dos estudos e das tarefas, así como das competencias que se consideran relevantes para poder sentirse ben nos traballos. Cada alumno pasou por tres charlas distintas.
O ambiente foi moi construtivo e cremos que foi un paso pequeno pero positivo na busca vocacional do alumnado.


