Back

¡Hoxe no CEGAC! Os peques de 5 anos convértense en artistas con Mar Caldas

Sofía, a monitora do taller, despois dunha breve explicación motivadora sobre a artista, invitou aos peques a representar as súas obras utilizando só o seu propio corpo. Con moita enerxía e risas, os nenos imitaron as formas e figuras que aparecían nas imaxes de Mar Caldas, ¡usando os seus corpos como pinceles! E para darlle un toque máis creativo, Sofía lles proporcionou algúns obxectos cos que adornaron as súas composicións. Con moita imaxinación e diversión, os nosos pequenos artistas viviron unha mañá chea de risas e dunha forma única de achegarse á arte.