XIV Olimpíada de Xeografía de Galicia
O pasado 9 de marzo, celebrouse a XIV olimpíada xeográfica de Galicia que se celebrou na facultade de xeografía e historia, en Santiago. Alí participaron numerosos centros de toda Galicia e entre eles fomos sete alumnos da materia de xeografía de 2 de bacharelato, animados polo noso profesor.
Durante toda unha mañá tivemos a oportunidade de coñecer a fondo as instalacións, a carreira de xeografía e a moitos rapaces da nosa idade, cos cales tivemos a oportunidade de ter un aperitivo na facultade e coñecernos entre todos nós. Pero todo isto despois de facer a proba, a cal constaba de temas moi diversos sobre xeografía española. Por iso, entre: “que puxeches ti nesta pregunta?” e “creo que non era esta a resposta correcta” aprendimos un pouquiño máis de xeografía.
Os exames foron corrixidos por membros da facultade e en cuestión dunha hora xa tiñamos os resultados, e os tres primeiros seleccionados representarían a Galicia na Fase Nacional en Murcia.
Sen dúbida foi unha gran experiencia e animamos ás promocións vindeiras a seguir participando.