WINTER IS HERE AGAIN!
Xa está aquí de novo o inverno e nas aulas de infantil estamos a familiarizarnos con todo o vocabulario relacionado coa roupa que usamos nesta época do ano.
Para iso realizamos multitude de xogos, cantamos cancións, lemos contos ou facemos pequenas representacións coa intención, non só de coñecer este vocabulario básico, senón tamén de axudar aos nenos e nenas a desenvolver a súa creatividade e capacidade de comunicación, conseguido así o noso obxectivo:
Aprender disfrutando e sen darnos conta!
Equipo Didáctico de Educación Infantil