Back

Actividades de orientación en Bacharelato

O día 1 de febreiro todos os alumnos de Bacharelato participaron nos “Encontros na USC”. Esa mañá visitaron, acompañados dos seus profesores titores, as facultades do seu interese e recibiron charlas sobre as titulacións da súa preferencia.

O día 2 de febreiro os alumnos de 2.º de Bacharelato puideron consultar as dúbidas que tiñan  sobre os estudos universitarios a antigos alumnos de La Salle que están rematando as súas carreiras. Esa mañá acompañáronnos antigos alumnos de 19 titulacións diferentes e cada estudante recibiu información ,en pequeno grupo, de 3 graos universitarios.

O día 9 de febreiro, o profesor da USC, Juan Manuel Monterroso, explicounos con moito detalle todo o relativo á ABAU e tamén ao proceso de admisión nas universidades, desde a preinscripción ata a matriculación. O proceso de admisión esixe un coñecemento moi preciso de como actuar en cada momento.

A avaliación dos alumnos de 2.º de Bacharelato sobre cada unha destas actividades é moi positiva cunha consideración de que as actividades desenvolvidas contribuíron bastante ou moito á súa orientación nas seguintes porcentaxes: “Encontros na USC”, 51%; charlas de antigos alumnos, 69%; charla sobre ABAU e admisión, 53%.

Os alumnos de 1.º de Bacharelato terán outro momento de formación en orientación en xuño, con charlas de distintas universidades e de estudos menos demandados.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.